mércores, 30 de xaneiro de 2013

Un millón de amigos!!

Hoxe todos os meus amigos do cole de Cela celebraron o día da Paz.

Durante esta semana estiveron preparando agasallos e desexos de paz para compartir no día de hoxe. Os colocaron nunha pomba debuxada no chan e despois recitaron un poema todos xuntos, mirade mirade:







Despois cantaron a famosa canción de Roberto Carlos:

 



Logo de recitar e cantar cada cativo recolleu da pomba un agasallo de paz! Eran todos tan chulos que eu non sabería cal escoller!!



E para rematar... un chocolate ben quentiño!!!




Ademáis temos no corredor da entrada "A árbore dos desexos". Cada mazá contén un desexo de paz para o mundo. A que quedou ben?




Bo traballo!!!

Por último quero lembrarvos que na nosa Biblioteca podedes atopar moitos libros relacionados coa PAZ. Aquí tedes unha selección:




Bicos e apertas de paz!!!

Espérovos cos libros abertos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario