venres, 22 de febreiro de 2013

Con Manuel Rivas

Fai tempo que tiña pendiente esta entrada no blog, pero chegou a hora! Xa podedes ler a noticia escrita polos membros do clube. Así viviron a experiencia:


Neste curso o Clube de Lectura de adultos da nosa Biblioteca, que leva dous cursos de andadura, fixemos a lectura do libro "As voces baixas", de Manuel Rivas.

Este libro tivo moi boa acollida entre os participantes debido en gran medida a cercanía da temática tratada. O autor relata parte da súa vida recordando a historia colectiva de Galicia. Historia familiar, individual,colectiva situada nun tempo e xeografía real.
Aproveitando a celebración do CULTURGAL en Pontevedra, as nais e profes do clube asistimos á presentación e lectura de fragmentos do libro por parte do autor, quen tamén asinou varios exemplares para nós e tamén para a Biblioteca.
Comprobamos, ademáis, a súa faceta como ilustrador, decorando con imaxes a súa sinatura. 
Temos que destacar a súa amabilidade e boa disposición ante a posibilidade de visitar o noso centro. Agardámolo con ilusión!!





Grazas Manuel!! Desexámoste moito éxito!!!

Espérovos cos libros abertos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario