mércores, 20 de febreiro de 2013

Historia do café

Utilizando os recursos da Biblioteca o grupo de 2° fixo un traballo de investigación sobre a curiosa historia de como se obtén o café. Isto é o que aprenderon:



"Podemos atopar café en América do Sur, África e Oceanía. 
O café provén dunha pranta que crece en zonas cálidas e húmidas. 
O café provén dun arbusto que se chama cafeto. Os cultivos son enormes plantais. Cando o froito do cafeto está maduro recoléctase. 
O froito do cafeto é unha pequena bola vermella. 
Esta semente contén dous grans: isto é o café.
Os grans de café tórranse nunhas máquinas, despois mólense o convértense en pó. 
O café bébese en todo o mundo. Contén unha sustancia excitante chamada cafeína, por iso non é bo abusar del"


Espérovos cos libros abertos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario