sábado, 30 de marzo de 2013

Ana Alonso

Que alegría!! Visitounos Ana Alonso!!! Os nenos e nenas de primeiro ciclo estaban impacientes pola súa chegada ao noso cole. Desfrutaron moito da súa visita!!

Preparamos a súa chegada con ilusión, todos cos nosos gorros como o do Mago Lut
Ana Alonso explicounos moitas cousas dos seus libros e falounos do seu gusto pola lectura e escritura dende que era pequena.


Fixémoslle moitas preguntas que ela respostou con gusto e asinou os nosos libros, un por un!!


E tamén escribiu unha dedicatoria no noso libro de visitas, que pouco a pouco vaise enchendo de palabras fermosas para nós. 



Déixovos coa foto finish. Grazas, Ana Alonso!!!!




Estes son os títulos que lemos este curso:




Espérovos cos libros abertos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario