luns, 11 de marzo de 2013

Feminino Plural

Con motivo da celebración do "Día da Muller" a biblioteca estivo moi visitada. Adela Turín, a tan aclamada autora de historias infantís, deixounos dúas fermosas xoias para que poidamos celebrar este día tan importante como ben merece. 

Os nenos e nenas de Infantil viñeron a escoitar un conto moi moi especial: "Rosa Caramelo"



Encantoulles... e ademáis, levaron un rico detalle

para lembrar este acontecemento

Os meus amigos de primeiro ciclo escoitaron a historia de "Artur e Clementina". 


Non perderon detalle!! Cando remataron de escoitar a historia cada neno fixo unha ilustración do conto. Quedaron cousas moi chulas!! E, como non pode ser doutra forma, tamén levaron un doce agasallo.

Dentro... dúas larpeiradas con forma de tartaruga!


Feliz día da muller para todos!!! 

Espérovos cos libros abertos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario