A coordinadora do Clube de Lectura de Adultos quere dar a coñecer esta actividade que está a ser divertida e enriquecedora a partes iguais. Así comezaron a súa andadura no curso 2010/2011. Aquí tedes a crónica completa dese curso:
No Colexio A Torre de Cela (Bueu) estase levando a
cabo un Clube de Lectura que parte da iniciativa dun grupo
de nais xunto coa inestimable colaboración das mestras e do equipo da Biblioteca deste centro escolar.
A idea primitiva deste Clube era un acercamento à
lectura por parte de pais e nais de alumnos do centro ou
calquer outra persoa e a posibilidade de
compartir esa lectura con todos os membros do clube.
De momento, o
número de integrantes é algo escaso pero suficiente para desenvolver esta actividade con total
validez.
O funcionamento habitual deste clube comeza cunha
reunión cada quince ou vinte días na biblioteca do colexio, onde comentamos ou
damos unha valoración do libro. Trátase de mesturar a aprendizaxe co debate
sobre o estilo literario, personaxes, acción…sendo moi frecuente arribar o libro ás experiencias personales
dos membros do clube.
Ó remate de cada sesión a coordinadora fai unha
recomendación sobre o seguinte libro que se vai ler.
Os títulos dos libros comentados durante todo o curso son os seguintes:
De todos os títulos o mellor valorado foi "El lector" de Bernhard Schlink, seguido de "El guardián entre el centeno" de JD Salinger.
No curso 2011/2012 os libros lidos foron estes:
No curso 2011/2012 os libros lidos foron estes:
Tiveron unha boa acollida tanto a obra de Elvira Lindo como “ La casa de los 7 tejados”, sendo
este último fonte dun interesante debate debido a grande cantidade de
simboloxía que posúe. Esta obra enmarcada no Romanticismo Americano, recrea
intensamente o ambiente puritano, con un estilo elegante e depùrado ademais dun
rico vocabulario descriptivo.
A obra de Alvaro Pombo resultou ser algo abrumadora
polo seu contido filosófico. Nela plantesanxe grandes asuntos como poden ser a
confianza, a traición, arrepentimento…
O presente curso o clube de lectura segue a súa andadura, pero iso merece outro capítulo.
Espérovos cos libros abertos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario