sábado, 30 de marzo de 2013

Restaurante poético

O 23 de marzo celebramos o día da poesía. Celébrase nesta data porque coincide co equinoccio de primaveira. Incluso en moitos lugares de Europa este día chámase "A primaveita dos poetas" 

Na nosa Biblitoteca celebramos esta data cuns poucos gramos de poesía. 

Os nenos de primeiro, segundo e terceiro de primaria foron os encargados de preparar un menú poético para cada curso. 
Á primeira hora da mañá os nenos de primeiro recitaron catro poemas divertidísimos, en forma de adiviña. Eles a aprenderon de memoria e a recitaron para os nenos de terceiro e cuarto. Todos estaban moi atentos e os nosos poetas fixérono de maravilla!!



Unha vez rematado o recital os nenos de terceiro fixeron un caligrama poético e os de cuarto compoñían diferentes poemas coas palabras que atoparon agochadas nun sobre. Coma sempre, uns artistas!!


Rematada a sesión deixamos lugar para os nenos de segundo, que recitaron outro menú poético para os nenos de terceiro ciclo. Despois, todos a escribir poemas!!!



Depois chegaron os máis pequenos para escoitar aos nenos de terceiro. O seu menú poético encantoulles aos nenos e nenas de Infantil.


E os pequenos tamén se animaron a recitar!!!


E, para recordar esta festa, todos levamos para casa un pequeno agasallo poético. 



O libro que recitaron os nosos poetas é este. Recomendado!!


Mirade o ben que recitaron!!

3 ANOS


4 ANOS


SEGUNDO


TERCEIRO

Espérovos cos libros abertos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario