sábado, 20 de abril de 2013

Anxo Moure

Que ben o pasamos!! Canto rimos!!! Esta semana Anxo Moure fíxonos desfrutar da súa divertida forma de contar historias. Lembramos a importancia de coidar as árbores a través dun fermoso conto. Porque os contos son ximnasios para a imaxinación. Grazas, Anxo, por este fantástico exercicio de risa, realidade e fantasía!!








No noso blog temos un enlace directo a súa páxina web, onde podemos ver as fotos da súa particular biblioteca e da importante labor para a conservación da natureza e o amor polos libros. Só tedes que buscar na banda dereita do blog: baixade, baixade e baixade co rato... ata atopar a icona de "Contos Solidarios", premede nela e listo!

Grazas, Anxo! Espérote cos libros abertos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario