sábado, 20 de abril de 2013

Ao rico plátano!

Os nenos e nenas de 4 anos investigaron sobre o plátano. Pero fixeron ben, porque ademáis de investigar tamén cociñaron e comeron rico rico! Prestade atención e aprenderedes unha sabrosa receita.

PAN DE PLÁTANO

Ingredientes:



 Mesturamos e amasamos...


 Cociñamos no forno...



Esperamos un ratiño e... listo para comer!!!!




Non quedaron nin as migas!!! 
Con todo o que aprenderon sobre o plátano fixeron un mural moi chulo! 







Os principais productores e exportadores son Ecuador, Brasil, India e... Canarias!

Os plátanos son necesarios:
- Para ter enerxía
- Para recibir vitamina C, A, B6, B12, potasio, magnesio, fósforo e calcio
- Para reducir enfermidades como a hipertensión, estreñemento, depresión, acidez, úlceras, anemia...
- Non teñen graxa nin colesterol
- Non fan engordar!!!

Curiosidades:
Os plátanos non nacen dunha árbore con tronco. O platanero é unha herba con biotipo arbóreo que pode chegar a ter racimos de ata 100 plátanos e de 50 kg de peso.

Cultivo:
O plátano precisa moita auga, luz, chan poroso ou areoso e ph ácido. Poden tardar un ano en brotar e, nese momento, prodúcese o seu amarre, embolsado e desflorilado. 
A temperatura ideal para que naza o froito é de 25 graos e a unha latitude menor a 300 metros.
En Canarias hai diferentes tipos de plátano: Gran Enana, Gruesa Palmera, Zeling, Brier e Johnson Negra.

Orixe:
Fai moitos anos apareceron no sudeste asiático. A India é a principal productora e Ecuador o principal exportador.
O plátano é o cuarto producto agrícola máis vendido. En Canarias o cultivo do plátano é o máis importante, que conta cunha marca recoñecida a nivel mundial: O Plátano de Canarias.

Adiviña
Oro parece
Plata non é
quen non o adiviñe
ten que espertar... que é?

Canción:
El plátano es sensacional
tan sano y fácil de pelar
tan rico y lleno de vitalidad
Caramba!
Qué bueno está
no hay ninguna otra fruta igual
y a mí me gusta una barbaridad
("El libro de la selva")


Fantástico traballo!!! Noraboa pequenos!!!!

Espérovos cos libros abertos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario