sábado, 20 de abril de 2013

III Intercambio de libros

Empezamos o "Mes dos Libros". Para a nosa Biblioteca é o mes máis especial do curso. Adicaremos todos estes días a promocionar e compartir lecturas e o amor polos libros. 

Comezamos o mes co III Intercambio de Libros. Cada neno, nena e profe trae da casa un libro   para compartir cos seus compañeiros. Cando xa temos a recopilación de todas as lecturas agrupámolas por ciclos e cada grupo acude á Biblioteca para que, un por un, escolla o libro que máis lle interesa.
A oferta é grandísima e todos marchan encantados coa súa elección. Teñen ata o último día de abril para desfrutar desta lectura que ven directamente das vosas bibliotecas. Grazas por colaborar!








Espérovos cos libros abertos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario