domingo, 7 de abril de 2013

Investigando sobre o té

Os nenos e nenas de cuarto investigaron sobre o té. Este é o resultado:



A palabra "té" ven do termo chinés "cha". Conta a lenda que estando un día descansando o emperador Shen Nung preto dunha árbore de té silvestre unha brisa fixo que algunhas follas caisen dentro da auga que fervía. Cando o emperador bebeu esta auga atopouna delicisosa.

O té é segunda bebida máis consumida no mundo, despois da auga. Todos os tés proveñen da pranta Camellia Sinensis, cultivada principalmente nas rexións tropicais de Asia. Os países onde máis se cultiva e consume son: India, China, Sri Lanka e Xapón. Tamén é común o seu consumo e cultivo en países africanos como Kenia. 

Cultívase en plantacións chamadas xardíns e, case sempre, recoléctase a man por parte das mulleres. Os mellores tés obtéñense dos primeiros brotes de cada pranta. As follas recén arrincadas déixanse ao aire libre ata que se marchitan e vólvense de cor marrón. Despois de facer un rulo con elas e deixalas fermentar unhas horas póñense a secar.
O té verde é un té pouco fermentado, mentres que o negro déixase fermentar moito máis tempo. 

O té debe prepararse con auga fervendo, xa que se precisa dunha alta temperatura para obter a maior esencia das súas follas. 
Engadirlle leite é cuestión de gusto, aínda que pódese estropear a esencia dos tés máis lixeiros. A tradición insiste en que hai que botar primeiro o leite e despois o té para que non se rompa a porcelana.

Bo traballo. A seguir investigando!!
Espérovos cos libros abertos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario