Pola beira do río

venres, 28 de xuño de 2013

Felices vacacións!!!!

Xa rematou o curso e quero dar as grazas a todos os nenos, nenas, pais, nais e profes que fixeron da nosa biblioteca un lugar cheo de aventura, fantasía e diversión.

Grazas, especialmente, aos alumnos e alumnas de sexto que xa marchan e que tantas horas pasaron aquí, na biblioteca, desfrutando das actividades, das lecturas e dos traballos que nela se levaron a cabo. E grazas por axudar sempre a ordenar, facer empréstitos e que todo marchara correctamente. 

Deséxovos a todos unhas felices vacacións e lembrade que se ides de viaxe levade libros na equipaxe!!
Que pasedes un verán de libro!!



Espérovos cos libros abertos!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario