domingo, 24 de novembro de 2013

Club de Lectura de Adultos

O Club de Lectura de Adultos celebrará a súa próxima reunión o día 16 de decembro as 17:00 horas. O libro escollido é "O Anxo de Eva" de Marina Mayoral.

Marina Mayoral Díaz naceu en Mondoñedo, Lugo, en setembro de 1942 é unha escritora e articulista en galego e en español. É Catedrática xubilada de Literatura Española da Universidade Complutense e Codirectora da colección Biblioteca de Escritoras de Editorial Castalia. Algunas das suas novelas foron traducidas ao alemán, italiano, polaco, portugués, catalán e chino.

Máis información da autora na Wikipedia no seguinte enlace: Marina Mayoral.


 Unha nena moi lista, un mozo belísimo con ás de anxo, unha nai abrumada e abrumante, un pai engaiolador e un tanto viraventos, unha amiga que lle está aprendendo a bicar con lingua, un irmán ateo, unha avoa que fala co marido morto. Un ático fronte ao mar e longas e cálidas noites dun verán no que a nena comeza a ser muller... O amor, a morte, o Alén, os grandes temas de sempre; personaxes cheos de humanidade e un sentido do humor característico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario