xoves, 30 de xaneiro de 2014

Celebramos o día da Paz!


O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz recitando un poema adaptado ao galego de Alberti.

POESÍA “DÍA DA PAZ”
Paz no mundo! Corazóns
arrebatados e unidos
de millóns e millóns.
Paz para toda a xente.
Ábranse e péchense os ollos
do día tranquilamente.
Paz en todos os fogares.
Paz na terra, nos ceos,
baixo o mar, sobre os mares.
Paz na albura estendida
do mantel, paz na mesa
sen ceño da comida.
Nas aves, nas flores
nos peixes, nos regos
abertos dos labores.
Paz na alborada, no soño.
Paz na paixón do grande
e na ilusión do pequeno.
Paz sen fin, paz verdadeira.
Paz que ao albor se levante
e á noite non morra.
¡Paz, paz, paz! Paz luminosa.
Unha vida de harmonía
sobre unha terra ditosa.
Rafael Alberti
(versión en galego)

Decoramos o corredor cun precioso mural feito por todos os nenos e nenas do centro e coordinado pola profesora Nuria.



Traballamos sobre personaxes que trouxeron paz ao mundo
 ME LLAMO... NELSON MANDELA ME LLAMO... MARTIN LUTHER KING ME LLAMO… GANDHI


No acto común o alumnado compartiu agasallos con fermosas mensaxes de paz.


Cantamos unha canción da paz do grupo “Migallas” incluido no seu último traballo “Pan de Millo”, e disfrutamos dunha chocolatada POLA PAZ.
 
 

 

Visita a exposición sobre a PAZ na nosa biblioteca e recorda que Torriño espéravos cos libros abertos


 
Se queredes consultar máis sobre a PAZ, podedes visitar os seguintes blogs:
Curicuxa.blogspot.com
Bibliocasteloapedra.blogspot.com.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario