martes, 18 de febreiro de 2014

Animación á lectura


O próximo venres 21 de febreiro a editorial Santillana agasállanos cunha animación á lectura para os alumnos/as de 2º e 3º ciclo, na nosa biblioteca, sobre o libro "Dez piratas" de Gloria Sánchez con ilustracións de Montse Gisbert.

Sinopse: Dez piratas e un loro embarcan no "Marabillas", un desastre de goleta que está en liña cos dez disparatados piratas, en busca dun tesouro «O Marranchiño de ouro». Durante a travesía os piratas van desaparecendo dun en un. O último pirata consegue entrar na casa dunha nena que ten os seus aforros nun peto con forma de porquiño -marranchiño-; pero a nena logra que non llo leve. No último capítulo, é dicir, no número 1, so queda o loro e decide abandoar a piratería para quedarse na casa da rapaza, iso si, ás veces dánlle ramalazos da vida anterior e cae en picado sobre o quiosco de Paco.
Gloria Sánchez naceu en Pontevedra en 1958. Estudou maxisterio. En 1990 recibiu o Premio 'Merlín' por Fanfarraios, que acadou o diploma de honra do IBBY. En 1995 gaña o premio 'Edebé' por Doctor Rus, publicado na colección Tucán, onde edita títulos, como "La Gallina de la Paz". A súa obra destaca pola súa innovación no eido da literatura infantil, tanto en narrativa como en poesía.





Protexémons dos máis feos, os máis brutos... Aínda que se retiren sempre teñen tentacións. Paco, o do quiosco, sábeo ben.

Os tripulantes do Marabillas dende Bocanegra a Corazón de Boi preparados para cantar os versos roubados.

Preparamos os textos e fixemos lecturas públicas e recitado de poemas. Ai canto lle quitamos á hora de ler!






























CHARO PITA NA BIBLIOTECA


O día 27 de febreiro visitará a nosa biblioteca Charo Pita. Viu a luz en 1966 aínda que di que 
naceu a idade dos seis anos cando rematou de ler o seu primeiro libro. É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Salamanca e estudou interpretación na Escuela de Teatro Santart. 

Ten experiencia en teatro como actriz e manipuladora de títeres, foi vocalista no grupo de música Folk  Hýsua Kórdeon, imparte talleres para a formación de contadores en centros de profesores do M.E.C e Galicia, e ten publicados diversos libros.

Recibiu os seguintes premios: I Concurso de Contos de Terror convocado pola Agrupación Cultural O Facho (1986) polo relato  "A Pel da Pedra"; Premio de Narrativa Concello de Culleredo (1986) polo relato Leda; e Premio de poesía Espiral Maior polo libro "Desde Arcadia para Govinda" (2001).

O seu traballo como narradora abarca diversas áreas do fabuloso. Tamén imparte talleres de narración oral. Desenvolve a súa actividade como narradora oral dende o ano 1994, facendo diversas actividades ao longo da xeografía española.
    

Ningún comentario:

Publicar un comentario