luns, 10 de marzo de 2014

Animación á lectura

     O próximo venres 14 de marzo, recibiremos a visita de Alicia Borrás, grazas á colaboración da editorial Anaya. Esta animación lectora a disfrutarán os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo.
     Escritora dos libros "Nata y chocolate", que traballa o alumnado do terceiro ciclo, e "Señor corpo quere xogar" do que disfrutan os nenos e nenas de infantil e primeiro e segundo de primaria. 
     Alicia Borrás naceu en Vigo onde traballa como profesora de teatro, actriz de dobraxe e escritora. Coa súa obra "Versos graciosos, sabrosos y jugosos" quedou finalista do Premio Lazarillo de Creación literaria. 
     Di que conserva contos de cando tiña sete ou oito anos, porque escribir era una forma máis de divertirse. "Sempre fun escritora porque sempre escribín".
     Alicia, esperámoste cos libros abertos!!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario