martes, 1 de abril de 2014

Clube de Lectura de Adultos: "Sete Caveiras"


O Clube de Lectura de Adultos elexiu o libro "Sete caveiras" de Edicións Xerais, 2.014, da autora Elena Gallego Abad. Onte visitou a biblioteca do C.E.I.P. A Torre Cela e aos integrantes do clube. Pasaron unha tarde amena que durou máis tempo do previsto.



A autora Elena Gallego Abad, naceu en Teruel en 1.969, é escritora e xornalista cunha ampla traxectoria profesional, ligada a diversos medios de prensa e radio galegos. Membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e da Federación Internacional de Periodistas (FIP), recibiu o Premio Xosé Aurelio Carracedo de xornalismo 1998, no seu apartado de medios audiovisuais. Deuse a coñecer como narradora coa saga xuvenil Dragal, publicada por Xerais, que se iniciou con Dragal I. A herdanza do dragón (2010), finalista do IV Premio Fundación Caixagalicia de literatura xuvenil en 2009 e premio Frei Martín Sarmiento 2012; continuada por Dragal II. A metamorfose do dragón (2011) e Dragal III. A fraternidade do dragón (2012), e que terá continuidade con futuras entregas. Sete Caveiras (2014) é a súa primeira novela de xénero negro.

Sinopse: Cando a xornalista Marta Vilas descobre o cadáver dun motorista aboiando en augas do porto vigués do Berbés, non pode imaxinar que o pequeno xoguete que o seu asasino agochou no peto do morto está a piques de mudarlle a vida. Aquel click, das primeiras series da desaparecida Famobil, é o único fío que parece unir este asasinato co garda civil rescatado por un pesqueiro de Cangas. E cos cadáveres que, ao longo dos días seguintes, irán aparecendo na ría de Vigo. Pero ninguén máis o sabe. Sobre a mesa de Marta Vilas comezan a amorearse os xoguetes de colección. Un clik motorista roubado do peto dun motorista, un click garda civil atopado preto do corpo dun membro de benemérita, un click pirata esquecido no coche dun informático asasinado… Para a xornalista, apartada da sección de Sucesos por diferenzas co redactor xefe do seu diario, descubrir a identidade do criminal convértese nunha obsesión. Aínda que nunca poderá contar todo o que sabe.


Grazas Elena.

Ningún comentario:

Publicar un comentario