sábado, 26 de abril de 2014

IV Intercambio de libros

Co intercambio lector rematamos a celebración do mes dos libros
que comezaramos nas clases e nas casas preparando lecturas para
amadriñar ou apadriñar a un compañeiro cunha lectura nos beizos.

O venres 25 de abril, celebramos na biblioteca do cole o cuarto intercambio de libros. Esta actividade consiste en intercambiar cos compañeiros un libro que cada nen@ trae da casa. Tamén os profes participamos na actividade. Ao remate o alumnado recibiu un agasallo que este ano foi una chapa cun marcapáxinas.


Espérovos cos libros abertos!!!

 

O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes e Shakespeare. Tamén un 23 de abril é a data relacionada coa vida doutros prestixiosos escritores como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla o Manuel Mejía Vallejo. A Conferencia Xeral da UNESCO escolleu esta data para lembrar ao libro e os seus autores, para descubrir o gozo da lectura e respectar a contribución dos creadores ao progreso social e cultural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario