domingo, 18 de maio de 2014

Letras Galegas 2.014

Celebramos a semana das letras galegas realizando diversos traballos sobre o autor homenaxeado este ano, Xosé María Díaz Castro.

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 e Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a  ublicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.

Xosé María Díaz Castro naceu na parroquia dos Vilares, no concello de Guitiriz, o 19 de febreiro de 1914. A súa familia era unha familia labrega, aínda que o seu pai traballou unha tempada como escribinte. Xosé María era coñecido no lugar polo nome de Pepe e, de pequeno, axudaba nos labores do campo e a coidar as vacas. De neno estudou nunha escola da súa aldea mandada construír polos veciños emigrados a Cuba. A escola era coñecida como « A escola da Conchada». De mozo foi estudar para crego no Seminario de Mondoñedo e alí comezou a escribir as súas primeiras poesías e a publicar algunhas delas no xornal «El Progreso Villalbés», de Vilalba, en Lugo. Despois de deixar o Seminario dedicouse a estudar varios idiomas, traballando moitos anos en Madrid como tradutor e profesor de inglés, francés e alemán. Publicou un libro titulado «Nimbos» cos seus poemas en galego. Este ano a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas pola defensa e uso que fixo do noso idioma.

Podedes consultar máis neste enlace: Seminario Galán

O EDLG organizou unha exposición de embarcacións que as familias prestaron desinteresadamente e unha mostra fotográfica sobre o mar. Na árbore de entrada colocamos fotos  de cada un dos homenaxeados desde que celebramos as letras galegas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario