luns, 29 de setembro de 2014

BENVIDOS A ESTE CURSO 2014/ 2015

Marcharon uns e viñeron outros: novo alumnado, novos docentes. Novos folgos para unha tarefa intensa e útil que dende a biblioteta artellamos para camiñarmos xuntos.

Recollemos todos os recursos que durante o verán levastes ás vosas casas, trasladamos ás aulas aqueles materiais que precisabades, doamos á biblioteca do Torrecino exemplares que levaban moito tempo con nós.

Iso si, admitimos que para tanto labor un irmán de Torriño tivo que botarnos unha man. Algúns din que é un clon. Sexa o que sexa que se quede entre nós e que traballe.

Torriños realizando o labor para que os recursos poidan ser gozados por todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario