Pola beira do río

luns, 29 de setembro de 2014

XA ABRIMOS TAMÉN NOS RECREOS

Lembrade que a partir do luns, vinte e nove de setembro, podedes visitarnos nos recreos de martes a venres.

Os axudantes de biblioteca, xunto co mestre ou a mestra que estea no recreo, estarán encantados de facilitar aqueles empréstitos ou devolucións que desexedes.
O facedes sós, vós soíños, se utilizades o autoempréstito.


Os mestres e os compañeiros de clase poden axudarvos tamén xa que ninguén naceu aprendido.

Facilitades o labor se coidades os materiais, non berrades,  cumprides as normas de uso dos ordenadores e solicitades axuda cando a precisades.

Alumnos formados como colaboradores ou axudantes poden solucionar as dúbidas.



Ningún comentario:

Publicar un comentario