xoves, 30 de outubro de 2014

PINTAMOS O MEDO

O Equipo de biblioteca xunto co de dinamización da lingua organizaron a celebración do Samaín.
Dado que o proxecto do noso cole, este ano xira en torno a arte, a ambientación das cabazas estivo relacionada coa pintura. As familias implicáronse coa temática e trouxeron verdadeiras obras de arte. Na biblioteca, profes e nenos/as contaron contos, disfrazáronse e disfrutaron co Medoooo.
Os máis cativos degustaron unha merenda terroríficaaaaa.
Gracias a todos pola vosa colaboración e ...FELIZ SAMAÍN.













Na wikipedia.org recóllese a lenda Os nenos choróns.
Os cursos de terceiro e cuarto escoitaron lendas urbanas cheas de medo.
Non puido faltar a do pintor Bruno Amadio e O neno que chora, a serie de cadros que o encheron de sona misteriosa.



Recordade que na biblioteca contamos cun expositor con libros e historias de medo.


ESPÉROVOS COS LIBROS ABERTOS!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario