sábado, 11 de outubro de 2014

SAÍDA EDUCATIVA AO MARCO

Lembraron que CO de MARCO significa contemporáneo,
Os alumnos de terceiro e cuarto visitamos o Museo de arte contemporáneo de Vigo (MARCO).
Un dos obxectivos da visita foi servirnos de motivación para desenvolver o noso proxecto documental sobre a arte da pintura.
As sensacións ao remate foron máis alá:
Soubemos dunha relación que se pode establecer entre a pintura e a investigación científica, usamos as teas para que uns debuxasemos a nosa idade, outros utilizamos a pintura para amosar o contraste das cores..  Abraiados e encantados!
Muuuuuuitas grazas Berta!!!



Averiguamos, grazas á ciencia, que nos ósos do oído dun bacallau está a súa idade.







Sempre se dixo que o os artistas, no seu corazonciño. buscan a admiración de todos ao contemplar a súa obra. De aí que tantos pintores fixesen autorretrados, gardasen bosquexos para inmortalizar o esforzo na busca da beleza...

A aplicación doutra arte, a fotografía,  favorece a recollida dos pasos a dar ata chegarmos ao final da nosa obra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario