venres, 21 de novembro de 2014

O CORPO HUMANO

Os científicos levan anos investigando e coñecendo as características do corpo humano. A ciencia e a pintura colléronse da man cando Rembrandt no ano 1632 pintou o cadro "Lección de anatomía do doctor Tulp".

No mes da ciencia, na biblioteca podemos ver distintas maquetas dos órganos dos sentidos, o esqueleto que nos permite estudar os ósos, os libros da colección  "O corpo humano", ...

Se queres traballar, estando en 5º ou 6º, en actividades do corpo humano fai clik. Ao millor estás en 3º ou 4º entón proba aquí. As actividades están no repositorio Abalar, onde poderás localizar muitos traballos para o ordenador.

Podes pasar pola biblioteca e gozar como están facendo os teus compañeiros. Lembra que te esperamos cos libros abertos!





Ningún comentario:

Publicar un comentario