xoves, 29 de xaneiro de 2015

Clubs de lectura

O club de lectura de adultos xúntase de novo o día 23 de febreiro ás 19 horas. Neste caso as reflexións e comentarios xirarán arredor da obra de David Safier, 28 días.
Lembra que podes levalo en empréstito na biblioteca de libros electrónicos GaliciaLe.



Os máis pequenos falarán de se ás veces os nenos maiores abusan dos pequenos, se os pais queren que sexamos perfectos ou os mestres nos obrigan a facer cousas que non sabemos; ou que, ao mellor, todos somos un pouco esaxerados. O libro escollido é Tarzán de goma do autor Old Lund Kirkegaard. O encontro para comenalo será o xoves, 26 de febreiro.


Faltaba artellar un encontro entre os  lectores máis avanzados da literatura infantil. Esa xuntanza celebrarase arredor dun premiadísimos libro O misterio dos fillos de Lúa de Fina Casalderrey. O día escollido será o 4 de marzo no lugar do Torrecino, en colaboración coa biblioteca municipal en Cela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario