xoves, 29 de xaneiro de 2015

MALALA NO DÍA DA PAZ

Este, ano entre outras actividades, destacaremos a figura de Malala, Premio Nobel da Paz no 2014.

Nun mural colocado no recibidor do centro escolar terás uns datos que precisarás ler para respostar a preguntas que che poden facer.

Ao mellor xa queres comezar lendo un pouquiño da súa biografía; por iso axudamos a acercarche á súa figura.

Malala Yousafzai 

Detalle do mural onde se recolle a súa imaxe

Malala Yousafzai naceu en Mingora, Paquistán o 12 de xullo de 1997.

Con 13 anos fíxose célebre grazas a un blog que escribía baixo o pseudónimo de Gul Makai para a prestixiosa cadea de televisión BBC, no que narraba a súa vida baixo un réxime extremismo relixioso no val do río Swat.
  
Os talibáns obrigaron ao peche das escolas privadas e prohibiuse a educación das nenas entre 2003 e 2009 na zona.

Malala é coñecida polo seu activismo a favor dos dereitos civís, especialmente polos dereitos das mulleres no val do río Swat.

O 9 de outubro de 2012 en Mingora, foi vítima dun atentado no vehículo que servía como autobús escolar, por un miliciano dun  grupo terrorista.

En 2013 foi elixida pola revista Time unha das personalidades máis influentes do mundo.


O 10 de decembro de 2014 foi galardoada co premio Nobel da Paz, xunto co hindú Kailash Satyarthi, activista polos dereitos dos nenos, converténdose na gañadora máis nova deste premio. Ambos foron recoñecidos pola súa loita en contra da opresión infantil e a favor da educación.

Se queres oír a súa voz en lingua inglesa con subtítulos en castelán fai clik.


 


Ningún comentario:

Publicar un comentario