xoves, 26 de febreiro de 2015

TRABALLAR POLA IGUALDADE

Os xoguetes son para xogar e pasalo ben, os deportes para manternos en forma, as cores para gozalas e facer estupendas ilustracións, as decisións para seren respectadas.

Ramón Torrente axudounos a comprender que se escoitamos con atención as opinións dos outros, falamos en liberdade e consideramos que non somos mellores nin peores pola cor da nosa pel, a nosa relixión, o noso sexo, os nosos cartos... conseguiremos un mundo máis xusto. Polo menos un pouquiño máis xusto.




Ningún comentario:

Publicar un comentario