mércores, 11 de marzo de 2015

PRENSA E ESCOLA

Neste mes de marzo realizamos diversas lecturas en prensa. Traballamos a portada do xornal onde atopamos os datos para respostar quen era o director, que prezo tiña o xornal e a súa data de publicación.
Tamén traballamos algunhas das seccións. Cando nos propuxeron que buscaramos un titular e un subtítulo moitos preferimos a sección de deportes.
Xa dende o curso pasado lembramos as preguntas que temos que respostar ao elaborar unha noticia:
que?, quen?, cando?, como?, onde? e se é posible por que?

No blog do CEIP de Quintela tes unha proposta de actividades que, se queres, podes realizar. Clik aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario