martes, 27 de outubro de 2015

Comezamos novo proxecto!!

Ola!

Este ano temos por diante un fermoso proxecto: POLA BEIRA DO RÍO. Estou impaciente por axudarvos a investigar, ler e descubrir moitísimas cousas relacionadas coa vida no ecosistema dun río.

Os máis pequenos e pequenas do cole xa empezaron!!! O venres pasado Infantil, Primeiro e Segundo de Primaria foron a visitar o Río Bispo, en Bueu.
Deron un bó paseo pola beira deste pequeno río, pasaron polo lavadero, por dúas pontes, viron insectos, plantas, cabras, cabalos...




Os meus amigos e amigas de 1º e 2º fixeron unha parada no camiño para escoitar o conto: "Oso atrapabolboretas" da Ed. OQO. As profes contárono e ilustrárono na mesma beira do río!!



Ao final do río visitaron o muíño do tío da profe Mariló. Explicoulles á perfección como funciona este aparello tan impresionante e puideron ver como se moe o millo e sae a fariña.





O pequenos de Infantil escoitaron o seu conto ao rematar o paseo, xa no parque. Eles desfrutaron da historia “Imos cazar un oso”, Ed. Kalandraka.



Unha mañá xenial. Espérovos cos libros abertos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario