xoves, 5 de novembro de 2015

Cadernos de investigación

Ola!

Esta semana estiven moi ocupado. Todos os nenos e nenas pasaron pola Biblioteca para recibir un chisco de información sobre os ríos.
Os cativos de infantil, primeiro e segundo desfrutaron das aventuras de Narigota, nun fragmento do capítulo titulado "Cuando el río suena..."



Os máis maiores do cole viron un video informativo de Eduteca que tamén vos deixo para que botedes outra ollada




 E, ademáis, todos recibiron un agasallo que agardo sexa moi útil: un caderno de investigación para anotar, debuxar e rexistrar toda a información interesante que atopen sobre o noso proxecto. 



Espérovos cos libros abertos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario