xoves, 29 de setembro de 2016

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

O vindeiro 26 de outubro, arredor das sete e cuarto da tarde,  temos o primeiro encontro deste curso para falar dese libro -e tamén película- de éxito tremebundo: "La chica del tren" de Paula Hawkins. Planeta Editorial.
Disque é bo comezar por algo lixeiro que apenas vén de rematar o verán. Lembrade que nos xuntamos no local sociocultural do Torrecino.

Se fas clic sobre o título podes ler algunhas páxinas.

Lembramos tamén as dúas últimas lecturas porque non as citaramos e sabemos que algunhas persoas que non poden asistir comparten os libros.

Destacou o adxectivo que se lle adxudicou a Del color de la leche de Nell Leyshon, publicada por Sexto Piso: estremeceunos. Outros engadiron que contiñan a respiración constantemente. Os libreiros tiñan razón cando a recomendaron. Na ligazaón coa Wikipedia podes saber máis sobre a autora.

Os Elefantes de Sokurov de Antón Riveiro Coello, publicada por Editorial Galaxia, gañou a medida que se avanzaba na lectura.



Ningún comentario:

Publicar un comentario