martes, 17 de xaneiro de 2017

A BIBLIOTECA ESCOLAR COLABORA NAS ACTIVIDADES DESEÑADAS PARA O PROGRAMA TEI

O noso centro educativo está poñendo en marcha, xunto cos demais centros públicos do municipio, o programa TEI (Titoría Entre Iguais) co fin de previr o acoso escolar.
A biblioteca escolar oferta os seus recursos e algunhas das actividades xa arraigadas no centro que nos facilitarán a cohesión entre os titores, alumnos de quinto, e os titorandos, alumnado de terceiro de primaria.

Actividades cooperativas e de traballo en equipo, xunto co apadriñamento lector, están facilitando o desenvolvemento do programa.







Ningún comentario:

Publicar un comentario