luns, 6 de febreiro de 2017

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS

O vindeiro 22 de febreiro os compoñentes do club de lectura xuntaranse coa escusa de comentar "El lector" de Bernhard Schlink.
O autor, xuíz de profesión, parte dunha relación entre un adolescente e unha moza de trinta e seis anos. A moza desaparece.
Varios anos máis tarde, Michael, xa estudante de dereito, presencia o xuízo a Hanna acusada de delitos relacionados cos crímenes de guerra nazis.
A obra amosa tamén o pesar de toda unha xeración, que dixiere con dificultade, o pouso que deixou a Alemaña dos seus antepasados inmediatos.

Recomendamos unhas reflexións de Manuel Gago sobre a obra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario