Pola beira do río

xoves, 20 de abril de 2017

HOXE NO PATIO LIBRO

Todos os nenos e nenas de infantil e primaria compartiron patio e lecturas. Nas mesas de libros pousaron as súas fazañas os máis diversos personaxes: Carapuchiña, Ben Ten, Ulises, Nemo, ...



Buscando sol ou sombra chegaron ás mans dos lectores que, en solitario ou compañía, con indecisións ou seguridade deron descanso ao balón para participaren nas máis diversas aventuras.





Ningún comentario:

Publicar un comentario