venres, 7 de abril de 2017

VISITA DOS ALUMNOS DE 3º, 4º, 5º E 6º.

O alumnado de terceiro a sexto de primaria visitou o pasado mércores, 5 de abril, as instalacións de METEOGALICIA onde se procesa a información sobre a meteoroloxía e se traslada aos medios de comunicación e outras publicacións na web para que a poboación coñeza as prediccións do tempo. Con estes datos acumulados analízanse os informes do clima e as súas variacións.

Continuamos a visita achegándonos ao MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA onde nos ensinaron e observamos diversas mostras de cartografía que recollían aspectos diferentes do planeta Terra, dende a distancia do universo ata a cercanía de Galicia.

Finalizamos a visita no PAZO DA MATANZA onde Rosalía pasou os últimos anos da súa vida. Aproveitamos para recitar, xa ensaiaramos no paseo da Ferradura en Santiago, ao pé da súa escultura, "Pra Habana" poema testemuña das emigracións galegas que, coma hoxe, levan aos nosos familiares a distintas partes do mundo por falta de traballo no noso país. Lembramos que hoxe temos pais en Namibia, Sur África, Madagascar, Angola, Holanda, Suíza, Noruega, Arxentina,... As migracións producen desequilibrios de poboación e recursos no planeta Terra.

Se fas clic en METEOGALICIA, PAZO DA MATANZA e MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA, poderás facer visitas a través da web a distintos aspectos dos lugares citados. Aí están algunhas das actividades que faremos ao longo dos vindeiros días.


Imaxe de grupo diante do museo. No posado están todo o alumnado asistente e algúns docentes..


Ningún comentario:

Publicar un comentario