Pola beira do río

xoves, 3 de xuño de 2021

As imaxes do patrimonio

O alumnado de 6º participou na proposta de Ponte nas Ondas no IV  certame de recolla das imaxes do patrimonio inmaterial galego-portugués.  O patrimonio Cultural Inmaterial é un conxunto de expresións herdadas do pasado que tiñan presenza nos recordos das persoas que os vivían e se encargaban de trasmitilos ás seguintes xeracións. Coa aparición da fotografía moitas desas expresións pasaron a ter unha realidade física máis aló da mente das persoas. Nestes podcast, podedes escoitar o traballo realizado na radio polo nos@ alumnado sobre o pesqueiro Peralta,  un grupo de baile, un día de festa e o gaiteiro de Ardán. Non deixedes de escoitalo!

O PESQUEIRO PERALTA, por Daniela Otero Ocampo


  

Un GRUPO DE BAILE, por Mauro Vidal Agulla 

 


UN DÍA DE FESTA, por Xabi Martínez Pena




O GAITEIRO DE ARDÁN, por Vera Agulla Gago



Bo traballo, rapaces e rapazas! Que viva a radio !

Ningún comentario:

Publicar un comentario