O pasado 17 de marzo, e grazas á subvención da Deputación de Pontevedra dentro do programa Vive o rural, o alumnado de infantil acudiu á Granxa Serantellos.
Foi unha xornada moi enriquecedora!
O pasado 17 de marzo, e grazas á subvención da Deputación de Pontevedra dentro do programa Vive o rural, o alumnado de infantil acudiu á Granxa Serantellos.
Foi unha xornada moi enriquecedora!
Se che gusta partirte de risa este libro esta feito para ti.
Texto elaborado polo alumnado de quinto de primaria.
Como se dunha chisteira saísen os coellos dun mago, así apareceu a cativada de Infantil para darlle a benvida ao Entroido. Entre ilusións, sorrisos e moita fantasía, o patio do colexio transformouse nun escenario máxico.
Harry Potter abriu as portas a un bosque encantado no que habitaban fadas, trasnos, elfos e gnomos seguidos de personaxes saídos das películas O Mago de Oz e Wicked, enchendo cada recuncho de cor, música e fantasía.
O colexio enteiriño converteuse nun lugar, onde a imaxinación era a mellor varita e cada neno e nena, un pequeno feiticeiro capaz de facer realidade o imposible.
Todo o alumnado pasou polo esceario para entoar as cancións do proxecto, creadas con moita maxia polo profe Jose, para rematar cunha degustación de doces típicos aportados polas familias, que nos acompañaron neste día tan especial








Manuel Dopazo visitou o CEIP Torre Cela para achegarnos a maxia do Entroido tradicional da Illa de Ons. A través das súas explicacións descubrimos quen eran os seus personaxes máis característicos, como eran os traxes e complementos que empregaban os isleños e que instrumentos non podían faltar para dar vida á Festa. Tamén nos falou dos pratos máis saborosos e típicos desta época do ano, que forman parte da identidade gastronómica da Illa.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, da que aprendimos non só curiosidades e costumes, senón tamén o valor de manter vivas as nosas tradicións e de seguir transmitíndoas ás novas xeracións.



A homenaxe a Rosalía de Castro, converteuse nunha celebración chea de emoción, palabra viva e orgullo pola nosa autora máis universal. No aniversario do seu nacemento, o alumnado mergullouse na súa obra para crear novos poemas inspirados nos seus versos, xogando co ritmo, coa musicalidade e coa forza do amor por Galicia, que Rosalía deixou como legado. Cada creación foi unha maneira de traer ao presente a súa voz e de facer propia a súa sensibilidade compartindo os seus soños cos do alumnado.
O traballo poético completouse cunha visita a Radio Faladoiro, onde os nenos e nenas recitaron fragmentos da obra rosaliana a modo de feitizos.
Non deixedes de escoitar os programas de radio adicados a Rosalía, porque lembrar a Rosalía é querer a Galicia.
.jpg)




Sabela Gago visitou a nosa biblioteca para impartir un obradoiro de biblioteca creativa que encheu o espazo de imaxinación. A partir dun conto inicial, que serviu como inspiración, guiou aos rapaces e rapazas nun proceso de creación artística.
Traballaron con pequenos recortes, texturas e cores variadas, combinándoas de maneira libre ata dar vida a personaxes únicos. O resultado foi unha auténtica galería de monstruos creativos, todos diferentes, todos especiais, con personalidade e inventiva dun traballo colaborativo.





Hoxe na Torre encantada dos soños do Torre-Cela, os alumnos de 5° e 6° de primaria, tivemos a sorte de contar, a través da nosa biblioteca creativa, cun obradoiro de rap, a cargo de Pedro Iglesias, especialista en comunicación audiovisual e técnicas de rap.
Impartiunos un obradoiro de escritura de rap, que se iniciou nas técnicas e recursos tamén de poesía, para terminar enlazándoo e escribindo uns versos que rapeamos sobre unha base musical.
Moitas grazas Pedro, foi un verdadeiro pracer aprender hoxe contigo!