Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas. Amosar todas as publicacións

domingo, 7 de xuño de 2026

Musical "A Torre encantada dos soños"

Como broche final ao proxecto deste curso organizamos un espectáculo musical para todas as familias no Centro Social de Bueu. 

O alumnado participou cunha obra de teatro baseada na película "El gran showman", onde se entremezclaron diferentes artes e talentos.  Unha mañá chea de música, danza e interpretación na que todo o alumnado e profesorado participou.

Unha xornada máxica para ir rematando este curso na Torre Encantada dos soños. Noraboa a todos e todas!! Podedes ver o vídeo completo na ligazón: A Torre Encantada dos Soños

A continuación deixamos un resumo elaborado polo alumnado de quinto de primaria: 

A TORRE DOS SOÑOS

O venres pasado, no centro social, o alumnado do CEIP da Torre Cela participamos nunha obra de teatro chea de maxia. A obra titulábase “A TORRE DOS SOÑOS” que era unha versión da película THE GREATEST SHOWMAN. Nesta adaptación a protagonista Fina Barnum tiña outra forma de ver o mundo, xa que formou un circo con xente estraña xa que cada espectáculo era unha celebración da diversidade.

Na obra, que interpretábamos os alumnos e alumnas de quinto e sexto, había pequenas actuacións nas que o alumnado de distintas aulas bailaban e cantaban ao son das cancións orixinais.

Este espectáculo celebrouse para homenaxear a nosa lingua: o galego, xa que a adaptación era toda na lingua de Galicia. A obra serviunos para aprender porque tivemos a oportunidade de aprender palabras novas. Tamén coincidiunos co día da familia e foi unha excelente ocasión para xuntarnos todos a gozar da nosa obra, e non só desfrutamos nós se non que tamén desfrutaron eles cantando o ritmo das actuacións.

Para nós resultou un traballo duro pero que ao final tiña unha recompensa: aprender, pasalo ben e facer felices as persoas que nos estaban mirando.

As nosas familia dixeron que foi unha das mellores obra xa que se divertiron tanto coma nós.


Deixamos algunhas imaxes do photocall: 
















As Letras Galegas desde a Torre Encantada dos soños

Nas aulas tamén  celebramos a día das nosas Letras. No contexto lingüístico fixemos un plan  adicado a Begoña Caamaño e a exaltación da nosa lingua e as nosas tradicións. No recanto literario traballamos ao redor do maio, compuxemos fermosas coplas para celebrar a benvida  á primavera. No recanto creativo deseñamos camisetas con frases fermosas que nos identifican e tamén decoramos pedras con palabras da nosa lingua. Os  recantos informativos e Faladoiro, estiveron adicados a Begoña Caamaño e a nosa Galicia, e por suposto, pasamos por Radio Faladoiro para gravar as nosas propostas.










Aquí deixamos os programas de radio que fixeron os alumn@s de primeiro e segundo de primaria.
 
 


Porque un dos nosos soños é que a nosa lingua siga viva, forte e latexando no corazón de cada neno e nena. Desde  a nosa  Torre Encantada, seguiremos construíndo pontes de palabras, para que o galego nunca deixe de soar, de crear e de facernos soñar en grande. Feliz Día das Letras Galegas!

sábado, 24 de maio de 2025

Letras Galegas

Nas Letras Galegas 2025, rendemos homenaxe a unha tradición fundamental da nosa cultura: as cantareiras. Mulleres que, coas súas voces, transmitiron historias, emocións e identidade, mantendo viva a esencia do noso pobo.Este ano, celebremos non só a palabra escrita, senón tamén a palabra cantada. Porque as cantareiras son as gardiás da nosa memoria colectiva.

 E como vai de voces, centrámonos na radio e fixemos moitos programas para homenaxear  ás protagonistas; Adolfina e Rosa Casás Rama , Eva Castiñeira e as Pandereteiras de Mens. Estas mulleres foron pioneiras na conservación e difusión da música tradicional galega, levando as súas voces máis aló das súas aldeas e contribuíndo á preservación da identidade cultural galega.

O primeiro programa o fixemos para o Concurso de Radio na biblio, no cal resultamos premiados e que podedes volver a escoitar aquí.

No contexto traballamos a investigación das nosas homenaxeadas e fixemos programas para coñecelas un pouco máis. Este ano, a nosa homenaxe foi a través da radio!


domingo, 18 de maio de 2025

Gala dos premios Torriño

Para celebrar o Día das Letras Galegas, organizamos unha gala de cine digna dos Oscar, onde as estrelas da pantalla eran os propios protagonistas: os alumnos e alumnas, coas súas curtametraxes traballadas ao longo do ano.

O Centro Social de Bueu abriu as súas portas ás 09:30, dando a benvida aos máis pequenos, que cruzaron a alfombra vermella e posaron no Photocall como verdadeiras celebridades. Máis tarde, chegaron as familias, que tamén puideron inmortalizar o momento.



Unha vez que todos ocupamos as nosas butacas, deu comezo a esperada Gala dos Torriños de Ouro. Tras o visionado das curtas, o xurado retirouse para deliberar, mentres o alumnado deleitaba ao público con actuacións musicais que mantiveron a expectación no aire.




Aquí vos deixamos unha das curtas, concretamente o trabalo do alumnado de 5º de educación Infantil.
 

E finalmente, o instante máis emocionante: a entrega dos premios. Ao subir ao escenario, sentimos a mesma ledicia e emoción que os grandes actores e actrices de Hollywood. 



 Agradecer especialmente, a colaboración desinteresado do noso xurado, que sempre está aí cando lle pedimos colaboración; Rubén Bastón, Luís Davila, Maika Braña, María Ruíz-Falcó, Eva, Isabel Quintás. Jose Ángel Mariño e Adrián Porima.


Tod@s somo gañadores porque o fixemos de película, e así nolo fixo saber o xurado, recoñecendo o traballo de tod@s as aulas cos premios por categorías. Para facer os premios e a decoración, utilizamos o material de polos creativos, e o resultado foi incrible.








Os noso premios aos actores e actrices protagonistas e  de reparto foron para Anxo, Adrián, Xela e Carla. Noraboa!

Grazas aos nos@s protagonistas por facernos vibrar, e un recoñecemento moi especial para o equipo de profesores, por este traballo de película. Podedes ver aquí un resumo da gala.
Imos poñendo fin a un proxecto moi especial, que nos fixo sentir que SOMOS UN COLE DE PELÍCULA!

mércores, 30 de abril de 2025

Premio no concurso de podcast Radio na biblio

Hoxe estamos de Noraboa! Recibimos  a noticia da resolución dos premios do VII Concurso de Podcasts Radio na biblio. Un programa realizado en clave de humor polo alumnado de 3º e 4º de primaria, sobre as Cantareiras homenaxeadas nas Letras Galegas.

Sabichón 2P2 é un robot extraterrestre que , a través da súa descoberta inesperada coa cultura galega, descobre a importancia das cantigas Polulares. 

Podedes escoitalo aquí!






Coma en cada produto final, hai un gran traballo detrás. Nesta ocasión aproveitamos para investigar sobre as Cantareiras, as nosas raíces e as nosas homenaxeadas nas Letras Galegas. 



Noraboa a tod@s. Un traballo de cine, nun curso de película!
    

mércores, 5 de xuño de 2024

Ao Son das Letras Galegas

Para celebrar o día das Letras Galegas presentamos o musical adaptado de "Mary Poppins", no que todo o alumnado participou de forma activa. Música, teatro, letras galegas... un día de celebración no Centro Social do Mar de Bueu, acompañados por todas as familias da comunidade educativa. Mary Poppins achégase á Bueu e vive aventuras emocionantes na vila, incluindo a aparición especial da súa amiga, Luisa Villalta. Foi un día de emoción e celebración que pon un broche de ouro final ao noso PDI "Son de Cela".
Podes ver o musical completo neta ligazón: https://drive.google.com/file/d/1EmbeNv5SiN4WSfPoCbROcKAUTExoSf9j/view?usp=sharing

luns, 29 de maio de 2023

Seguimos coa festa das nosas Letras! Letras Galegas 2023

Neste curso coñecemos a figura de Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado neste curso e o creador do Día das Letras Galegas.

 Fixemos  traballos para fomentar o uso da lingua e coñecer a eses grandes personaxes que en tempos complicados fixeron moito pola nosa cultura e o noso idioma: deseñamos cartaces, fixemos investigacións sobre autores homenaxeados, pasamos por Radio Faladoiro para reflexionar sobre isto.


Co alumnado de quinto e sexto gravamos na radio en xénero teatral, a biografía de Francisco Fernández del Riego, unha adaptación de Eva Mejuto.


 Inventamos historias  que aconteceron en Galicia, a partir de xogos de expresión oral e  coa aplicación animaker



Fixemos un  programa especial das Letras Galegas co alumnado de terceiro para Radio Voz, e aprendemos a grabar e controlar o son no control.

Tampouco podía faltar un traballo sobre os Maios, que tamén fomentan o uso da nosa lingua e o coidado das nosas tradicións:  inventamos e cantamos coplas e fixemos maios con moita creatividade.








E seguimos traballando sobre isto no último plan  do contexto lingüístico; sobre Galicia, as nosas tradicións, os nosos escritores e escritoras, as nosas letras, a nosa lingua!