Amosando publicacións coa etiqueta ENTROIDO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENTROIDO. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de marzo de 2026

Un Entroido con moita maxia

Como se dunha chisteira saísen os coellos dun mago, así apareceu a cativada de Infantil para darlle a benvida ao Entroido. Entre ilusións, sorrisos e moita fantasía, o patio do colexio transformouse nun escenario máxico.

Harry Potter abriu as portas a un bosque encantado no que habitaban fadas, trasnos, elfos e gnomos seguidos de personaxes saídos das películas O Mago de Oz e Wicked, enchendo cada recuncho de cor, música e fantasía.

O colexio enteiriño converteuse nun lugar, onde a imaxinación era a mellor varita e cada neno e nena, un pequeno feiticeiro capaz de facer realidade o imposible.

Todo o alumnado pasou polo esceario para entoar as cancións do proxecto, creadas con moita maxia polo profe Jose, para rematar cunha degustación de doces típicos aportados polas familias, que nos acompañaron neste día tan especial









Podedes escoitar  o programa de radio de Entroido, que gravaron os alumn@s de primeiro e segundo nos obradoiros de linguas.

Durante toda a semana estivemos atentos aos mandadiños de Torriño.









Pechamos unha época chea de maxia, pero xa estamos argallando un plan, porque a Torre Encantada dos Soños non descansa.




Manuel Dopazo visita a Torre encantada dos Soños

 Manuel Dopazo visitou o CEIP Torre Cela para achegarnos a maxia do Entroido tradicional da Illa de Ons. A través das súas explicacións descubrimos quen eran os seus personaxes máis característicos, como eran os traxes e complementos que empregaban os isleños e que instrumentos non podían faltar para dar vida á Festa. Tamén nos falou dos pratos máis saborosos e típicos desta época do ano, que forman parte da identidade gastronómica da Illa.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, da que aprendimos non só curiosidades e costumes, senón tamén o valor de manter vivas as nosas tradicións e de seguir transmitíndoas ás novas xeracións.




Pasou por radio Faladoiro e alí respondeu ás preguntas que tiña preparadas o alumnado de 6º de educación primaria.

xoves, 15 de febreiro de 2024

Son de Entroido

A chuva non nos para!! Que ben o pasamos no Entroido!! Este ano o Entroido xira arredor da música. Visitounos comparsa dos Mulos de Bueu, que nos deleitaron con coplas típicas que se cantan nestas datas.
E como somos moi obedientes fixemos todos os mandadiños que Torriño nos foi propoñendo durante toda a semana. De mariñeiros, en pixama, sementando...
Ata que, o día do desfile final, arriba a música. Rockeiros, DJ´s, Michael Jackson, Madonna, rapeiros e reguetoneiros... SON DE CELA!!

luns, 28 de febreiro de 2022

Entroido

 Esta semana celebramos o Entroido!!!!. De luns a xoves seguimos os mandados de Torriño: en pixama e zapatillas; de aniversario polos 50 anos do colexio; con moitas flores polo Día de Rosalía e o xoves, do que máis nos guste.














E chegou o venres de Entroido!!!. Tivemos a visita da Murga, Os Mulos que nos contou cantos anos levan xuntos, como compoñen as súas cancións... e, por suposto, cantaron algunhas delas.


Ese día disfrazámonos de "Vascalleiros", como se dsifrazaban os alumn@s do noso colexio fai 50 anos. Os alumn@s de 5º e 6º de Educación Primaria fixeron uns cartaces nos que nos explicaban como era o disfraz.






Despois de escoitar aos Mulos, desfilamos e cantamos a canción adpatada de "Terra" e rematamos comendo doces típicos de Entroido.








E para rematar, podedes escoitar os dous programas de Radio Faladoiro sobre o Entroido que fixeron os nen@s de 4 anos e os alumn@s de 5º de Primaria.

venres, 12 de febreiro de 2021

EntroidARTE !

A semana estivo cargada de emocións e disfraces. Fixemos caretas superartísticas e seguimos coñecendo as tradicións da nosa contorna da man do equipo de dinamización da lingua do noso cole. Comezamos por saber máis dos mascalleiros para seguir co Entroido de Meira en Moaña, do que recibimos un vídeo informativo que visualizamos nas aulas.

E por suposto que fixemos caso aos mandados de Torriño que resultaron do máis divertido.

   

    


 
O venres tivemos unha festa moi especial, un desfile de todo o alumnado. Ao rematar cantamos unha canción, con letra sobre as artes,  composta polo noso profe de música. Desfrutade con ela!


   

   

   


Nesta ocasión o alumnado de primeiro pasou por Radio Faladoiro  para realizar un programa de Entroido. Podedes escoitalo aquí

Agora toca desfrutar dun merecido descanso! SuperARTE!