martes, 22 de abril de 2014

Saída á praia

Dentro do programa de Voz Natura no que participamos un ano máis, realizamos unha saída á praia de PORTOMAIOR tod@s os alumn@s do centro.
A saída estaba organizada para facer recollida selectiva de lixo, estudar a paisaxe e divertirnos relizando diversos xogos.
Os  equipos dinamizadores do centro xuntáronse para levar a cabo un proxecto de invertigación sobre o mar. Os temas elixidos por cada curso foron os seguintes:
Educación infantil.Organización dunha saída a praia e recollida selectiva de lixo.
1º E.P. A Paisaxe de costa
2º E.P. Deportes no mar
3º E.P. Estudio dunha poza intermareal
4º E.P. Recollida selectiva
5º E.P. A patroa do mar e medidas da Praia
6º E.P. As medidas

 




Agora estamos  recopilando toda a información posible para levar a cabo os nosos traballos que plasmaremos nalgún soporte e expoñeremos en obradoiros de expresión oral ao resto dos nos@s compañeir@s.

 Espérovos cos libros abertos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario