martes, 27 de maio de 2014

Visita de Jacobo Fernández Serrano

Mañá 28 de maio ás 13:00 horas recibiremos a visita de Jacobo Fernández Serrano, que fará una animación á lectura da súa obra "Marcopola A Illa Remeira 1. As orixes de Marcopola".
Jacobo Fernández Serrano (Vigo 1971) é licenciado en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade Complutense. Ilustrador, pintor, debuxante e comiqueiro. Como autor de literatura infantil publicou na colección Merlín de Xerais os libros “A gardería de dona Bixelmina” (2005), “A pedra e as formigas” (2006), “Mil cousas poden pasar. Libro I” (2009), premio Merlín de literatura infantil e “Mil cousas poden pasar. Libro 2” (2011). É autor da serie de cómic para os primeiros lectores “Marcopola. A illa Remeira” (Xerais).
"Marcopola A Illa Remeira 1. As orixes de Marcopola"
MARCOPOLA, antes de chamarse Marcopola, era unha illa illada no medio do océano, e aburríase moito. Todo cambiou aquela mañá en que un estraño obxecto apareceu na súa praia. Que sería esa cousa tan rara? Para que serviría? Marcopola. A illa remeira é o inicio dunha serie de cómic para os primeiros lectores que sigue coa publicación de "Marcopola e os piratas da Lúa!"
Grazas profes, pola axuda na ambientación da biblioteca!! 

Se queredes saber máis do autor http://jacobofernandezserrano.blogspot.com.es/
 





Ningún comentario:

Publicar un comentario