venres, 27 de marzo de 2015

UN ENCONTRO ARREDOR DA POESÍA

Levamos días comprendendo as palabras, entristecéndonos cando falan de avións de guerra, debuxando o ceo se o sol é amarelo, silabeándoas se propoñen andar amodiño, emitindo un son: tac, tac, tac se a culler é de pau,...

Agora xuntámonos arredor dos versos. Trasladamos aos demais imaxes, emocións ou soños. Pintámolas con palabras e gozamos xuntos. Así compartimos poesía.







Ningún comentario:

Publicar un comentario