Pola beira do río

venres, 5 de febreiro de 2016

Gymkana literaria pola paz

A semana da paz foi movidita na nosa Biblioteca. Organizamos unha gymkana literaria cos libros relacionados coa paz. 
Desde os pequenos de 3 ata os maiores de 6º participaron nunha busca do tesouro un tanto especial. Todos tiñan que buscar libros nos andeis e atopar as pistas contidas neles, identificando os tejuelos, a cdu, buscarndo elementos da cuberta, do título, mirando as etiquetas e lendo fragmentos dos libros nos que se agochaban as pistas. 
Ao rematar a busca todos atoparon un anaco dun cadro de Picasso que tiñamos que compoñer entre todo o cole. E conseguímolo!!! 

Os nenos de 2º atoparon as primeiras pezas...

Foron pasando todos os cursos... 

Ata que os pequenos de 4 conseguiron a última peza... mirade que contentos posan

Paz para todo o mundo e espérovos cos libros abertos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario