Pola beira do río

martes, 15 de marzo de 2016

Defendemos os ríos con Anxo Moure

Este luns, 14 de marzo, celebrouse o Día da loita polos ríos. E quen mellor que Anxo Moure para axudamos a celebralo?




Visitounos co seu batuxo, co seu carballo, coa súa xacia... e con tantos contiños e historias das que tanto aprendemos, coas que tanto rimos e das que sacamos tanto partido.




É fermoso ver como ama o que fai, como cre no que di e como transmite a súa paixón pola natureza. Contounos que coñeceu a Manuel María, falounos de Don Avelino, da vendima, das embarcacións, da contaminación... e, coma sempre, os nenos e nenas quedan abraiados con el.



Anxo Moure from Miriam on Vimeo.

Ata pronto, Anxo!!! Aquí todos esperámoste cos brazos e cos libros abertos!!!
E lembra... NON TIRES LIXO!!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario