luns, 25 de abril de 2016

Club de lectura

A semana pasada os nenos e nenas de 5º tiveron a última reunión do club de lectura deste curso.
Nesta ocasión leron un título da coleción "Pizca de Sal" da editorial Anaya. A súa autora, Ana Alonso, visitounos fai moi pouquiño, encántannos os seus libros!!
Leron "La senda escondida", un libro de aventura e cunha "pizca" de botánica.

Despois de comentar a lectura fixemos un pequeno xogo literario. Tiñamos palabras escritas nunhas follas de árbore e, a medida que as descubríamos, tiñamos que compoñer unha historia entre todos. Este foi o resultado, exposto no corredor da Biblioteca.


Espérovos cos libros abertos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario