venres, 6 de maio de 2016

Visita de Raquel Queizás

Esta semana, por cortersía da Editorial Edelvives, visitounos Raquel Queizás. Contounos dous contos aos alumnos e alumnas de Infantil, 1º e 2º de Primaria. 
Comezou con "Mauro necesita un abrazo", título traballado polos cativos de Infantil durante este curso. 
Contounos tamén unha historia divertidísima titulada "Un bicho raro", desta mesma editorial.
Pasámolo de maravilla!! Esperamos verte pronto, Raquel!!
Espérovos cos libros abertos!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario