venres, 20 de maio de 2016

Visitounos Jacobo Fernández Serrano

A semana pasada os nenos e nenas de 1º e 2º recibiron a visita de Jacobo Fernández Serrano. 
No noso cole somos super fans del e da saga de "Marcopola: A illa remeira".

Este curso estivemos lendo e desfrutando das súas aventuras...


... e estamos impacientes por coñecer que sucederá no novo título da saga "Avoa Power". Jacobo adiantounos algo... que ilusión!
Coma sempre, estivo disposto a respostar a todas as nosas preguntas e a asinar e debuxar en cada un dos nosos exemplares. Moitas grazas, Jacobo, esperamos impaciente a Avoa Power e a túa próxima visita.
Espérovos cos libros abertos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario