luns, 13 de xuño de 2016

Saída ao Parque Natural de Barosa

Estanse esgotando os días e xa queda moi pouco de curso.
A semana pasada todos os nenos, nenas e profes foron de excursión ao Parque Natural de Barosa, no concello de Barro, Pontevedra.
Pasaron un día estupendo rodeados da natureza que forma o ecosistema do río nesta zona privilexiada. 


Rotamos por diversos obradoiros, todos relacionados cos usos da auga.
Visitamos os dous muíños, moemos un chisco de millo e vimos como caía a fariña. Explicáronnos a relación que teñen os sons do muíño coas famosas muiñeiras... e moitas cousas máis.
Tamén puidemos ver o funcionamento do forno de leña, onde facían o pan.


 Realizamos un obradoiro cun experto panadeiro, que nos explicou como se elaboran distintas receitas e aproveitamos para manchar un pouco as mans e convertirnos en panadeiros por un rato.

Atopades o trozo de masa que están lanzando estes panadeiros?
Tamén explicáronnos os distintos tipos de sementes que moían para elaborar as masas...

Despois do almorzo os máis pequenos realizaron xogos cooperativos á beira do río, mentres os máis maiores realizaban unha andaina para coñecer de primeira man este ecosistema que levamos estudando todo este curso.
Foi unha saída perfecta para rematar o noso proxecto, "Pola beira do río". 

Que nos esperará o vindeiro curso? Polo de agora eu... espérovos cos libros abertos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario