xoves, 6 de abril de 2017

AS LECTURAS DOS ADULTOS

Os cinco compoñentes do club de lectura xuntáronse para comentar "Unha árbore, un adeus" e "Ao pé do magnolio" da autora Marina Mayoral e publicadas pola editorial Galaxia.
Pareceunos significativo como os mesmos feitos poden ser observados por dous personaxes de forma tan distinta e seren publicados en dúas obras literarias diferentes da mesma autoría.

A autora enrédanos na mesma trama: as reflexións de dúas persoas na súa madureza; pero con enfoques distintos das vivencias compartidas ou coñecidas a través de personaxes comúns.

O recurso do monólogo como ferramenta narrativa utilizado en  "Unha árbore, un adeus" vainos levar a "Cinco horas con Mario" de Miguel Delibes que comentaremos arredor de 26 de abril, no lugar do Torrecino.

A obra é coñecida tamén pola versión teatral interpretada por Lola Herrera e dirixida por Josefina Molina.

Se fas clic en Lola Herrera podes recoller algúns comentarios verquidos en rtve, a raíz da súa penúltima posta en escena.


Ningún comentario:

Publicar un comentario