xoves, 5 de outubro de 2017

ARTURO SÁNCHEZ CIDRÁS DIVULGA O PATRIMONIO LOCAL

O alumnado de 3º e 4º de primaria recibe as explicacións do investigador Arturo Sánchez Cidrás sobre o patrimonio etnográfico, afondando nas liñas de  investigación sobre a cultura inmaterial e os oficios.
As leiteiras, zapateiros, regateiras, carpinteiros, mandadeiras, cesteiros, costureiras, ... apareceron ante os ollos dos máis novos  lembrando uns labores que desempeñaron os avós e na actualiade están esquecidos ou transformados dun xeito relevante. A clase de terceiro recollía notas sobre este apartado.
No seu caderno de campo o alumnado de cuarto pintaba ideas sobre algunhas lendas, mitos, contos populares; xunto con outras manifestacións da tradición oral que xa chamaran ao seu maxín a partir da visita ao museo Liste en Vigo.
A Cova da Londra, a Pedra Fendida, a fonte nas ruínas de San Lourenzo, ... mesturaban ideas máxicas e os seus sentidos buscaban un dragón que fendera a rocha, unha lontra que temían os mariñeiros, as mouras xurdidas das augas, ...




Moitas gracias ao mestre Arturo por trasladar o coñecemento e respecto pola cultura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario